Etiquetas

Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Varios. Mostrar todas las entradas

Chegou o verán! Propostas para non esquecer o aprendido

Por fin están aquí as tan ansiadas vacacións de verán. Despois dun curso intenso, cheo de esforzo, risas e moito aprendizaxe, os nosos mozos e mozas de 4º de primaria merecen un descanso máis que xustificado. Que grandes están e canto medraron este ano!

Para que os días de praia, piscina e xogos non fagan que se nos oxide o cerebro, por aquí vos deixamos unhas actividades de repaso totalmente voluntarias. A idea non é pasar horas diante dos libros, senón adicarlle un ratiño curto de vez en cando para comezar 5º con moita forza.

Aquí tedes algunhas cousas básicas nas que podedes facer fincapé estes meses:

  • Operacións matemáticas sobre rodas! 🧮 Xa son maiores, así que o gran reto deste verán é practicar as divisións directamente, sen poñer a resta escrita. Hai que axilizar ese cálculo mental! Tamén vén de marabilla repasar as táboas de multiplicar (así de memoria rápida, mentres imos no coche ou preparamos a merenda).

  • Devoradores de historias 📚 Da igual se son cómics, contos de aventuras ou misterios. O importante é que lean un ratiño cada día, no idioma que prefiran (se é en galego, mellor que mellor!).

  • Un diario de verán ✍️ Unha libreta pequena onde escriban tres ou catro liñas contando o mellor do seu día, unha excursión ou unha anécdota. Axúdalles un montón a mellorar a ortografía e a expresión sen que se dean conta.

  • Problemas para a vida real 🛒 Deixade que fagan a conta de canto custan os xeados, que calculen os cambios cando ides mercar o pan ou que midan os ingredientes para facer un biscoito. As matemáticas están en todas partes!

Un consello: Non hai que agobiarse. Co que fagan un par de veces por semana en sesións curtas é máis que suficiente. O máis importante segue a ser descansar, xogar, correr e pasar tempo en familia.

Moitísimas grazas por todo o voso apoio durante este curso. 

Desfrutade moito do verán, cargade as pilas e coidádevos moito! Vémonos á volta! 🌊🍦☀️

Unha aperta enorme,

Tere e Bego





Documento para mellorar a caligrafía

Para ver ou descargar, preme na imaxe:





As cancións da Reconquistiña

 Para escoitar a canción premede no título, e para coñecer as letras nas imaxes:

Muiñeira de Oliveira:




O canciño (só letra)




Comezamos un novo curso pero xa nos coñecemos!


  


Chegamos a 4º de Primaria cheos de enerxía e ilusión para comezar un curso que estará repleto de aprendizaxes, experiencias e momentos inesquecibles.

Seguimos no mesmo edificio e cos mestres que xa coñecemos, pero agárdannos moitas novidades que farán deste ano unha aventura especial. Visitaremos a Radio Badúa, traballaremos na horta do Divino, iremos a Apípolis, ao teatro e a moitos outros lugares que iremos descubrindo ao longo do curso.

Tamén participaremos en proxectos sorprendentes que nos farán aprender, crear e pasalo en grande. Sen dúbida, será un ano cheo de emocións que lembraremos sempre.