Chegamos a 4º de Primaria coas pilas cargadas para afrontar un novo curso cheo de aprendizaxes e de experiencias que nos farán medrar como persoas.
Non cambiamos de edificio nin de mestres coma o ano pasado pero temos moitas novas que farán deste ano, un ano inesquecible para todas e todos.
Iremos á Radio Badúa, iremos á horta do Divino, iremos a Campo Lameiro, xogaremos aos bolos celtas e se o tempo nolo permite, faremos unha visualización de estrelas. Tamén participaremos en proxectos que nos deixarán coa boca aberta. O que non temos claro é se ir ao laboratorio do cole, ti que dis, apúntaste?