Para ver ou descargar, preme na imaxe:
Comezamos un novo curso pero xa nos coñecemos!
Chegamos a 4º de Primaria cheos de enerxía e ilusión para comezar un curso que estará repleto de aprendizaxes, experiencias e momentos inesquecibles.
Seguimos no mesmo edificio e cos mestres que xa coñecemos, pero agárdannos moitas novidades que farán deste ano unha aventura especial. Visitaremos a Radio Badúa, traballaremos na horta do Divino, iremos ao Centro de Arte Rupestre de Campo Lameiro, ao teatro e a moitos outros lugares que iremos descubrindo ao longo do curso.
Tamén participaremos en proxectos sorprendentes que nos farán aprender, crear e pasalo en grande. Sen dúbida, será un ano cheo de emocións que lembraremos sempre.









